A piscina de Cee, como nova tralo remate das últimas obras
              
    12:18 11/06/19 
            Xa está lista a piscina de Cee. A empresa Ogando estivo realizando os últimos traballos de acondicionamento, mesmo de noite para compatibilizar cos usuarios, 5 meses despois de poñerse en marcha.
Os últimos traballos foron de pintura interior (vestiarios…), ademais do cambio de cuberta, impermeabilización de fachadas e outros traballos de intendencia.

Así estaba a cuberta da piscina antes das obras