Luns. 03.08.2020
El tiempo

Pompas “natulóxicas” na escola

Pompas “natulóxicas” na escola
Sonia facendo pompas natuloxicas cos nenos Manuela Rial Sonia facendo pompas natuloxicas cos nenos Manuela Rial

A familia do Xabón Natulóxico espalla o respecto polo medio ambiente co simple existencia do seu produto. Pero ademais, quere facerlle chegar aos máis pequenos a importancia do modo de vida natural e artesanal, por riba dos procesos de excesa industrialización.

E o mundo da cosmética precisamente é un dos máis abusivos co noso contorno, de aí que os obradoiros que organizan Óscar e Sonia sexan aínda máis interesantes.

Dende o mes de maio, están levando a cabo unha "colaboración piloto" co CPR Bilingúe Manuela Rial Mouzo de Cée, a través da cal abren as portas do seu obradoiro artesanal en Corcubión, para que os [email protected] podan coñecer de primeira man o proceso de elaboración e transformación do xabrón feito con aceite reciclado.

Así mesmo, Sonia e Óscar tamén visitaron as aulas dos máis cativos no mesmo Centro onde falaron de soños, espazo, terra, medio-ambiente, reciclaxe, casa… xa que [email protected] se considera "cuidadores" da Terra. Acompañados das máis divertidas pompas de xabón, de doces da abóa, de froita e de varios refrescos da horta (auga, limón e menta da horta), os pequenos usaron a pastilla de xabrón Natulóxico para lavar a louza, feita e empaquetada especialmente para [email protected]

Conecendo o xabon artesanal Natuloxico no cole Coñecendo o xabrón artesanal Natulóxico no cole

"I Certame de Creatividade Natuloxica”.

Uns dos ganadores do certame natuloxico Uns dos gañadores do certame natulóxico

Como parte desta interacción co colexio, desenvoveron tamén o "I Certame de Creatividade Natuloxica”. O pasado martes estiveron no colexio para facer acto de entrega dos premios do certame que consistiu en entradas de cine (da man do Centro Comercial Finisterrae e dos Cines a Xunqueira), mochilas, e balóns (de Aurora Sport, e Cabo Street Sport) e actividades de piragüismo (do Clube de piragüismo Dumbría).

Mapa dos tesouros

Para este verán e aberto a todo-los públicos, están argallando un mapa dos "tesouros" que se poderá visualizar proximamente na nosa páxina web do xabón artesanán da Costa da Morte. Os participantes terán que resolver enigmas, descubrir recunchos, investigar, apreciar...e moito máis, para poder acceder as recompensas agachadas nas vilas de Cée e Corcubión.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/natuloxico-o-novo-xabron-biodegradable-artesan-e-feito-na-costa-da-morte/

comentarios