Poñendo marcos ao mar


O vindeiro sábado 29 de decembro, ás 18 horas, terá lugar no Museo da Fundación Fernando Blanco de Cee, a inauguración da mostra “Os marcos do mar” do fotógrafo carballés Marcos Rodríguez.
Dita exposición encádrase dentro de programa de actividades que a Fundación Fernando Blanco leva adiante grazas ao convenio asinado coa Deputación da Coruña.
A mostra poderá contemplarse ata o día 28 de febreiro de 2013, no horario normal de apertura do museo.
A mostra está composta por vinte fotografías de distintas paisaxes da Costa da Morte, sendo denominador común a todas elas a presenza do noso mar.
MR
Marcos Rodríguez (Milán, 1973) iniciouse na fotografía dende neno. Anos despóis estudou Producción e Linguaxe Audiovisual. Traballou de xefe de fotografía no semanario “O Acontecer”, compaxinando este traballo co de fotógrafo dos xornais “El Ideal Gallego”, “Diario de Bergantiños” e o xornal de prensa deportiva “Deporte Campeón”. Foi tamén colaborador do diario dixital “Quepasanacosta”. Marcos Rodríguez é colaborador da Voz de Galicia dende xuño de 2011.
Novas relacionadas
- Doble quenda para aprender fotografía en Dumbría con MR.
- Marcos Rodríguez Fotografía: O novo punto de encontro da fotografía da Costa, xa en Cee.
- Ramón Caamaño xa ten sucesor.
- Marcos Rodríguez: "Busco a beleza de cada lugar xogando ca luz".
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).