"Si é posible intervir no mercado da enerxía"

21:34 19/09/21
”Non á estada da luz” foi o lema da serie de concentracións por todo o país que a CIG organizou este domingo 19 de setempo. En Cee e Carballo un alto número de persoas secundaron a protesta ante a eterna e incomprensible subida da luz.
Unhas manifestacións que leva promovendo o sindicato dende hai anos, non só neste momento, como o reflicte a ILP que teñen levado ao Parlamento Galego. Unhas manifestacións que berran que si é posible intervir o mercado salvaxe da enerxía.
Concentración en Carballo- Foto: Rebelión Aluminio
Propoñen 8 medidas que garantan o acceso á electricidade con prezos xustos, como un ben de primeira necesidade:
- Recoñecer a enerxía como dereito fundamental.
- Revertir ao público as centrais hidroeléctricas que rematen as concesións.
- Creación dunha Empresa Pública Galega de Electricidade que xestione esas centrais.
- Fiscalizar as concesións en vigot-
- Modificar o sistema tarifario, limpando de peaxes que non teñan que ver co funcionamento do sistema.
- Retirar as centrais hidráulicas e nucleares do pool do mercado maiorista para fixar o prezo da electricidade.
- Modificar os impostos, aplicando o tipo mínimo do IVE (4%).
- Implantar a Tarifa Eléctrica Galega, empesando por unha baixada do 30% nas peaxes por sermos produtores excendetarios de enerxía.
”Enerxía Solución” foi algún dos cánticos.