Venres. 19.04.2024
El tiempo

Presentan case 2000 sinaturas polo arranxo da estrada a Touriñán

Presentan case 2000 sinaturas polo arranxo da estrada a Touriñán
Jose Luis SAntalla e Serxio Dominguez presentando sinaturas pola estrada do Faro Tourinan Jose Luis SAntalla e Serxio Dominguez presentando sinaturas pola estrada do Faro Touriñán

Este domingo 29 de outubro hai convocada pola veciñanza unha Andaina para denunciar o estado da estrada que vai de Pereira ao Faro Touriñán. Unha loita na que levan implicados varios meses os veciños, e que segue dando pasos.

Xa hai un mes que un grupo de veciños de Frixe, entre os que se atopan José Luis Santalla, Cristina Santalla e Serxio Domínguez, edil do BNG de Cee, se puxeron a colleitar sinaturas para esixir que a Xunta ou as administracións competentes que tomen o asunto en serio.

Hoxe Joasé Luís e Serxio presentaban no rexistro do Concello de Cee nada menos que 1811 sinaturas apoiando a iniciativa.

Agora, toca acender denovo o altofalante coa Andaina deste domingo para que os de arriba escoiten.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios