Cee estrea a curta "A Maleta de Eva"

12:23 02/08/22
Trala presentación de ”O que tiras ao mar”, toca "A Maleta de Eva". A segunda parte da triloxía costeira dirixida por Federico Rioboo xa está feita, e verá a luz este mércores 3 de agosto a partir das 21:00h na Casa da Cultura de Cee.
A Asociación Pedras Miúdas invita a todo o mundo a ver esta produción cen por cen costeira, ademais das curtas realizadas durante o obradoiro, coordinado polo director, "O gato de Don Corleone".
Novas relacionadas