Primeira fornada de becarios da Fundación Fernando Blanco
Este sábado 8 de setembro, ás 12:30 horas, no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee, celebrouse a cerimonia de entrega das becas Fernando Blanco, organizadas conxuntamente polo I.E.S. Fernando Blanco e pola Fundación Fernando Blanco de Lema, entidade, esta última, que conta co patrocinio do Concello de Cee e da empresa FerroAtlántica.
Estas becas foron creadas co fin de recoñecer o esforzo e adicación dos alumnos deste emblemático centro educativo.
Entregáronse un total de 5 becas aos mellores expedientes académicos de 2º da E.S.O., 1º de Bacharelato, 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa, 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e 1º de P.C.P.I., correspondentes ao curso 2011-2012.
Os agraciados foron:
- Arnoldas Ostasevicius (1º P.C.P.I, cunha nota media de 8,57);
- Sergio Grandío Rodríguez (2º da E.S.O, cunha nota media de 9);
- Fernando Santiago Pequeño Leis (1º Bacharelato, cunha nota media de 8,9);
- Alba Cacheda Lago (1º Ciclo Medio de Xestión Administrativa, cunha nota media de 9,2);
- Juan Cambeiro Otero (1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas, cunha nota media de 9,4).
Cada unha das becas está valorada en 512 € (200 € en metálico e 312 € en vales de compra), e son posibles grazas á colaboración da Estación de Servizo Bazarra, Librería Trazos, Ler Librerías, Fersi Papelería, Aurora Sport, Cabo Sport, Grupo Santitel, NovaGalicia Banco, Centro Comercial Finisterrae e a Deputación Provincial da Coruña.
Os becarios ademais recibirán un fermoso diploma deseñado polos alumnos Ángel Campos Leis e Junior Villar Arcos.
Ao acto acudiron os membros do Padroado da Fundación Fernando Blanco de Lema, profesorado do propio I.E.S Fernando Blanco, representantes das casas colaboradoras, representación de FerroAtlántica e familiares dos alumnos premiados.
Tesouros da Fundación
Novas relacionadas
- A cultura tamén vertebra a Costa da Morte.
- Máis escolares de Cee que coñecen o seu pasado.
- Un museo para 125 anos máis.
Artigos sobre Fernando Blanco de Lema
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
Outros artigos de Darío Areas
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).