Propostas para usar os aforros da redución dos soldos políticos
Chégannos estes días varias propostas en clave electoral sobre o aforro municipal. Grupos alternativos propoñen reducir os soldos políticos, e mesmo algún fala de suprimilos. E iso que nós consideramos que o alcalde debería ser un traballador e non traballar nos seus tratos libres. Pero en todo caso, son propostas singulares.
Como Ciudadanos Cee, pois segundo nos asegura Plácido, “a corporación traballaría de balde”. Ciudadanos propón eliminar os soldos de todos os políticos, mesmo as cantidades (arredor dos 100€) que se dan por asistir aos plenos, comisións e mesas de contratación. Unha medida que permitiría aforrar máis de 80.000€ ao ano.Plácido lembra que chegou a haber no concello “un alcalde que cobraba 4.000€ cunha xefa de gabinete colocada a dedo que sumana máis de 2.000. Non pode ser que un Concello teñan que gastar máis de 70.000€ ao ano para eses soldos”, indica. Con eses cartos, aseguran, poderían dar traballo a 15 parados a media xornada durante 6 meses ou volver a crear o Grumir perdido.
Da posible baixada de impostos non queren falar ata coñecer ben os números.
Fondo de extrema Urxencia
Outra idea que nos prantexan dende Son D’Aquí, o novo grupo malpicán, é a creación dun Fondo de Extrema Urxencia. Usaría os fondos que quedarían da redución do soldo da alcaldía, que non superaría os 1.800€, e o resto (que podería chegar a sumar 14.000€ ao ano) quedará nun depósito, sen intereses e que non tribute, cousas de extrema urxencia, por exemplo o risco de morte inminente.
Un fondo que só se podería tocar por decreto lei, e somentes sería a Secretaria Municipal a que poida facer uso del, para que non haia intervención política. Que vos parece?
Son D’Aquí, despois de propoñer expropiarlle terreos á Igrexa para poder abrir accesos rodados á piscina, tamén quere asegurar que non vai facer pactos con ninguén.
Novas relacionadas
- Propoñen expropiar terreos á Igrexa para poder abrir a piscina de Malpica.
- Plácido García aposta por acadar 4 concelleiros con Ciudadanos de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).