luns. 02.12.2024
El tiempo

Protestan polo peche do pavillón de Brens

Protestan polo peche do pavillón de Brens
O polideportivo de Brens permanece pechado durante este nadal. Algo que non se entende dende a oposición ceense. De feito, o concelleiro do BNG Santos Graíño afirma ter recibido “numerosas queixas veciñais pola imposibilidade de utilizar as instalación deportivas da parroquia durante este período vacacional”. A realidade é que o concello está a utilizar o pavillón de Brens como almacén das carrozas dos reis magos, “impedindo o normal uso das instalacións, mesmo agora que hai máis demanda por mor do período vacacional”, apuntan dende a oposición. Destacan dende o BNG que “outros anos as carrozas se gardaban noutras dependencias municipais, sen causar perxuizos a ningún veciño de ningunha parroquia”.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Cee.

Comentarios