luns. 02.12.2024
El tiempo

QPC volverá publicar os Relatos e Debuxos premiados da Fundación Fernando Blanco

QPC volverá publicar os Relatos e Debuxos premiados da Fundación Fernando Blanco
Entrega dos Premios da Fundacion Fernando Blanco de Relatos e Debuxos-Foto-Arturo de Ramón Entrega dos Premios da Fundacion Fernando Blanco de Relatos e Debuxos-Foto-Arturo de Ramón

Volveremos traelos a QPC, coma o ano pasado. Os Relatos e os Debuxos da Fundación Fernando Blanco xa son patrimonio literario e pictórico costeiro, dando conta do potencial dos nosos pequenos escritores e artistas. Este pasado sábado 2 de xullo tivo lugar no Museo Fernando Blanco de Cee, o acto de entrega dos premios do III Concurso de Debuxos e do IV Concurso de Relatos Curtos, organizados pola entidade ceense, e que contan, un ano máis, coa colaboración da Deputación da Coruña e da Estación de Servizo Bazarra de Cee.

Entregáronse un total de 12 premios nas distintas categorías dos dous concursos, valorados en 690 €.

A relación de premiados, por categorías, quedou así, tralo fallo emitido polo xurado composto por Darío Areas, Coordinador do Museo, Víctor Castiñeira, Técnico de Cultura do Concello de Cee, e José Ramón Rey, Técnico da Biblioteca Francisco Mayán.

Categoría “A” - III Concurso de Debuxos (1º e 2º de Primaria)

  • 3º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 30 € e máis diploma, para SARA TRILLO CAAMAÑO do CEIP A IGREXA DE BRENS (CEE).
  • 2º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma, para SNURIA GÁNDARA CALVETE do CEIP LABARTA POSE DE BAIO (ZAS).
  • 1º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 50 € máis diploma, para PAULA RODRÍGUEZ CAAMAÑO do CEIP A IGREXA DE BRENS (CEE).

Categoría “B” - III Concurso de Debuxos (3º e 4º de Primaria)

  • 3º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 30 € máis diploma, para MARINA CALO BUJEIRO do CEIP EUGENIO LÓPEZ (CEE).
  • 2º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma, para IRENE RAMÓN FERNÁNDEZ do CPR MANUELA RIAL MOUZO (CEE).
  • 1º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 50 € máis diploma, para ALBA LEMA CARRIL do CEIP LABARTA POSE DE BAIO (ZAS).

Categoría “A” - IV Concurso de Relatos (5º e 6º de Primaria)

  • 3º Premio da Categoría A, valorado en 50 € máis diploma, para CARLOTA ATÁN ARES do CPR MANUELA RIAL MOUZO (CEE).
  • 2º Premio da Categoría A, valorado en 75 € máis diploma, para YAIZA OTERO CAAMAÑO do CEIP SANTA EULALIA (DUMBRÍA).
  • 1º Premio da Categoría A, valorado en 100 € máis diploma, para DANIELA GONZÁLEZ MOUZO do CPI LABARTA POSE DE BAIO (ZAS).

Categoría “B” - IV Concurso de Relatos (1º, 2º, 3º e 4º ESO)

  • 3º Premio da Categoría B, valorado en 50 € máis diploma, para CLARA DE RAMÓN AYALA do COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO (CEE).
  • 2º Premio da Categoría B, valorado en 75 € máis diploma, para ANDREA CANOSA CASTREJE COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO (CEE).
  • 1º Premio da Categoría B, valorado en 100 € máis diploma, para NOA LEMA RIAL do IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA DE BAIO (ZAS).

Os premios foron entregados polos membros do Padroado da Fundación, así como responsables do Concello de Cee e por Julio López, Xerente da Estación de Servizo Bazarra.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios