Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Quen alimenta a Caixa B?

Quen alimenta a Caixa B?

Xa puidemos ollar que as festas saen caras, e que a Caixa B é a que sufraga boa parte dos cartos. Pero quen alimenta esta Caixa B?

Podemos concluir tras todo o que rebosa desta Operación Orquesta que son as empresas que habitualmente realizan as obras municipais as que aportan cartos sen fiscalizar destinados á Caixa B. Unha das grandes implicadas na trama, a empresa de Senande (Muxía) Construcciones Ogando, é unha delas. Pero hai máis.

Pago a Caixa B => Adxudicación de Obras

Da conversa que transcribimos abaixo entre Daniel Ogando fillo e Jorge López podemos destacar que queda algunha outra empresa que paga as festas, non só Ogando. Precisamente Ogando fillo é o que se queixa de que "non lle saen" as contas tras saber o que aportou a sua empresa e facendo o desglose dos gastos das Festas da Xunqueira 2009. López dille claramente que estas festas non as poden sufragar só unha empresa.

E unha delas sería Construcciones Paz Lema (no sumario é traducida como "Padlema"). A devandita empresa aparece noutra demostración de como se loita pola adxudicación de obras ás empresas que só afíns ao "réxime" e que aportan fondos "por detrás".

A loita polas obras

"Esta hai que sacala como sexa", é unha das frases que Vigo lle espeta a Manuel, empresario de "Construcciones Padlema", co gallo das obras de saneamento en Brens pagadas pola deputacion por un importe de 60.000€ a través dun "Pack Anticrise 2009". E o fai sabendo que "vai haber competencia", polo que lle apura para que faga unha boa oferta, ademais de avisarlle de que polo Plan de Cooperacion de Concellos da Deputación chegarán máis de 140.000€.

Son moitas as obras que se xestionan nun concello como Cee. No sumario fálase de outras obras valoradas en 37.000€ para outra empresa da zona, Cernadas Valiña, por pavimentación camiños da Pereiriña. Esta empresa vimiancesa xa ten feito varias UTE (unión de empresas para presentarse a un concurso) coa propia Ogando.

Unha de conversas

Nesta conversa entre Daniel Ogando fillo (DO) e Jorge Lórge (JL) podemos concluir varias cousas: a falta de organización e transparencia na contrución da Casa da Cultura onde é a propia empresa adxudicataria a que fai o proxecto; unhas obras das que falamos que contaron cun orzamento de 1 millón de euros.

  • DO: ... fun pola mañá falar con Ramón.
  • JL: si.
  • DO: e botoume fóra do despacho.
  • JL: bueno, bueno...
  • DO: ay non oh!
  • JL: que va oh! chamoume a min eh!, cando estaba este día oh! (...) chamoume a min porque...
  • DO: ariba de... arriba de 18, que non podía máis.
  • JL: uy mim madre, cagástela.
  • DO: e non dá macho, non dá.
  • JL: cagástela ben.
  • DO: xa porque, a mas dunhas escaleiras pos minusválidos, que o arquitecto metelle 8.000€ e valen 10 macho.
  • JL: pero eso ten que falar... eso hai que falar con el oh, eso hai que falar con el.
  • DO: oites, e o grupo electrógeno, de cen cabeas que hai que poñerlle. de onde saco eu eso?.
  • JL: buenobueno, por eso hau qye falar con Ramón home.
  • DO: dixo que non habia máis cartos que non podía meter máis cartos aí e que hai que inaugurar en diciembre.
  • JL: bueno, si, hai que inaugurar en diciemnre, pero o que non pode é poñer cartos do bolsillo a empresa que está facendo, digo eu.
  • DO: E bueno, dime el: "coño, miráralo antes", miraralo antes díxenlle.
  • JL: pero logo canto quería el.
  • DO: non, pero dixenlle eu, pero vamos a ver Ramón, o arquitecto non ten nada claro, dime "hai que facer isto, hai que facer o outro, hai que facer esto" e eu ostia, que queres que lle diga, que non o fago, dime, "non, eso é problema tuyo y el arquitecto".
  • JL: como "tu y el arquitecto"? no, no, no, no, eso non é así, non, pero hai que falar con el, olvídate ah!:
  • DO: xa pero a min díxome "mira Daniel, hazme el favor y déjame tranquilo".
  • JL: Dejarme?
  • DO: que o deixara tranquilo. Metiume fóra".
  • JL: non che metiu nada fóra oh, que el non é deses, que el ten máis educación que esa, veña, veña.
  • DO: bueno, pois tiña un cabreo de carallo.
  • JL: mañá vén a Estrada que vai ver a Santiago e teño que levarlle as entradas de Sabina. Cagoendios, 4 entradas pa el, pa Pili, pa Cuñado e mais pa muller, "mecagonavirgen".
  • DO: pois eu xa lle dixen, arriba de 15.000, nada macho.
  • JL: non oh, non podes decir eso. tas tolo ti ou que?
  • DO: peo non hau máis joder, é máis, eh! oiste, hai contratado a mitade do que me dixo mira.
  • JL: que hai contratado?
  • DO: a mitad do que lle damos/?
  • JL: e logo por que a mitad?
  • DO: porque falamos de 1 millón e é a mitad".
  • JL: xa, pero vai haber máis oh!.
  • DO: ai! pero xa lle dixen, eu mentres non hai, eu non fago o campo de fútbol.
  • JL: xa lle dixen eu que se mollara. Dixen eu, móllate cas obras
  • DO: si tiña os aumentos, 34.000€, dixome el, "no, non, vas a cobrar pero no sé cuanto". Falei ca secretaria e díxome, este ano nada, ostia.
  • JL: eso eso non, están equivocados, esta xente non pode ser así
  • DO: e no campo de fútbol o día de hoxe perdín 10.000 euros se non cobra os 34mil, ufs, xa me dirás?
  • JL: si, pero de aquí a justo procura cobrar eh!?.
  • DO: xa.
  • JL: xa llo digo eu a el, vale?
  • DO: si procura. Oistes?
  • JL: que?.
  • DO: de todo o campo de fútbol cobre 48.000 euros nada máis, de 400. (...)
  • JL: carallo, porque yo voy a decir como hay dios, ya verás arre carallo se llo digo mañá xa, "coño Ramón, estás abusando un huevo aí eh? ahora le mandais meter un grupo, le mandais meter a hostia, mecagoendios, eso é unha ruina, joder.
  • DO: pero sabes cal ñe o problema? o problema é que eu teño que facer os proxectos.
  • JL: si?
  • DO: e tampouco estaba no meu presupuesto (...) Menudo marrón (...) a ver se falas con el e que se calme un pouco...
  • JL: si si si si falo eu con el xa mañá, arre carallo se falo. Pero que se calme un pouco. E logo que che dixo?.
  • DO: non che digo que colleu un cabre que nin a Virgen eh!, es que gasto 126.000 ou 136.000.. Xa me dixo Maria Dolores 24.000€.
  • JL: si. Manolo Tena?
  • DO: 6.000 me dixo
  • JL: si é verdad.
  • DO: Efecto Mariposa 21 ou 22.
  • JL:. si é verdad.
  • DO: e Santiago de Madrid os dous días... canto me dixo?
  • JL: 32, 32.
  • DO: 32 e America.
  • JL: e Belisima 15.000.
  • DO: America e mais Acotan 18.000 ou 15.000.
  • JL: 15.000 digo eu, 9 e 6.
  • DO: e de pólvora 24., a que si?
  • JL: si señor..
  • DO: E como o Ayuntamento aporta 42.000. E logo como sei eu eso?
  • JL: 42.000 por que?.
  • DO: fago as cuentas y me falta dinero, me falta dinero.
  • JL: bueno, para salir el. Pero el non pode pensar que ti vas pagar a Festa da Xunqueira.
  • DO: que? oiste entende? es que en ele pueblo, en todo el pueblo solo xunta como moito 24.000..
  • JL: si, es, esto ven unha merda, pero é verdad.
  • DO: ah, a María Dolores Pradera tamén lle chega ben eh? 24.000 como lle metes ti eso macho? (...) está todo dios criticando.
  • JL: sacoume a Hollywood, sacoume a Holliwood que tiña aí contratada fai un ano, bueno fíxome un Cristo chaval.. poff, e o escenario non che dixo?.
  • DO: non, do escenario non me dixo nada.
  • JL: non che ensionou o contrato?.
  • DO: eh! a min non me, bueno, si, díxome así 1.500 pero non me eh! as sumas que fixo pero non le deu importancia.
  • JL: claro claro, pero e que che suma, eh! e a el que lle importa, o sea, a ti que che imporat as sumas que fai el?.
  • DO: tamén eu sumaba 500 e 500 un millón, pero non foi así.
  • JL: claro,claro, e qe el vota as cuentas do de que ti dixechs un 10% de obra oh, e vota as contas e di el, bueno, pois 500.000 son 50.000, son as cuentas que vota, mira ti...
  • DO: se fora tan fácil.
  • JL: está de coña, xa lle dixen eu, estás de coña ti, ou que, pero ti estás borracho, e inda por riba esa merda de generadores p'aquí e palá.
  • DO: se fora tan fácil
  • JL: eu falo con el oh.

As enquisas polo Facebook

E seguimos coas enquisas a través da nosa páxina de Facebook de Que pasa na Costa. A semana pasada preguntabamos aos nosos lectores se cren que os candidatos imputados na trama deberían presentarse ás eleccións. 456 dos 493 votos recibidos opinan que os imputados non deberían presentarse.

Esta semana imos máis alá sabendo que todos os imputados na trama (Santos Maneiro, Traba e Vigo) se presentan para ser reelexidos como alcalde. E preguntamos se a Operación Orquesta vai afectar aos imputados nos resultados das eleccións. A enquisa segue aberta e se ben hai máis disputas, máis da metade dos votantes, polo de agora, apuntan que "Esperemos que os metan en su lugar (na súa casita)".

Máis información

Nova relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios