Luns. 14.10.2024
El tiempo

Ratifican o aumento do tráfico de drogas na comarca no Estado de Alarma coa detención de dous coruñeses en Cee

Hachis incautado pola Garda Civil
Hachis e cartos incautados pola Garda Civil na chada Operación Faros
Ratifican o aumento do tráfico de drogas na comarca no Estado de Alarma coa detención de dous coruñeses en Cee

Esta semana a Garda Civil do Posto de Vimianzo detivo a dous veciños da Coruña por un susposto delito de tráfico de drogas ao ser interceptados con máis de 4 kg de hachís.

A Benemérita tivo en coñecemento que aumentara o movemento e tránsito de drogas pola nosa comarca durante o estado de alarma. Os supostos traficantes usaban mascarillas para pasar desapercibidos.

As investigacións permitiron que nun control realizado en Cee, se procedera o alto a un vehículo con dous homes da Coruña. A actitude nerviosa e a falta actuante, que realizaron unha inspección minuciosa do auto, atopando unha bolsa cos 4 kg de hachís, unha cantidade que pode chegar a custar 15.000€ no mercado.

A Garda Civil incautou a cantidade ademais de varios teléfonos, o vehículo e cartos en efectivo, sendo os detidos postos a disposición do Xulgado de Corcubión, que ordenou o seu ingreso no Centro Penitenciario de Teixeiro.

A Garda Civil continúa as investigacións.

Comentarios