venres. 07.02.2025
El tiempo

Recollen sinaturas para poñer aparcamentos rápidos nas farmacias de Cee

Farmacia en Cee
Unha das farmacias de Cee
Recollen sinaturas para poñer aparcamentos rápidos nas farmacias de Cee

Xa en 2022 o BNG de Cee levou a pleno a posibilidade de habilitar aparcamentos rápidos nas farmacias da vila. Espazos que facilitarían as persoas usuarias o uso destes “establecementos sanitarios privados, de interese público integrado na atención primaria”, tal e como recolle a lei 3/2019 de ordenación farmacéutica de Galicia, no seu artigo 13.

Os aparcadoiros áxiles, de tempo e uso limitado, onde chegas, recolles o medicamento e continúas, serven para facilitar o servizo as urxencias médicas, a persoas con mobilidade reducida e as persoas maiores e nais e pais con crianzas. Ademais dáselle fluidez ao tráfico e axilizase o acceso aos medicamentos, explican dende o grupo da oposición.

Ante esa petición, segundo explica o BNG, a alcaldesa comunicoulles "verbalmente nun pleno que ía pedir un informe á Policía Local e que sobre él actuaría". En xaneiro, marzo e maio de 2023 o BNG volveu preguntar pero o informe non chegaba, e o grupo ía recibindo "largas"

No pleno de setembro de 2024 o grupo da oposición volveu sacar o asunto, pero o informe seguía sen estar, ata que no pleno de outubro, "ante a nosa pregunta reiterada a alcaldesa recoñeceu que non pedira ningún informe e que polo tanto non tiña a intención de facelo", denuncia o BNG.

Ante estes feitos, o BNG lanza unha recollida de sinaturas para que diante das farmacias do concello se habiliten cadanseu aparcamento rápido que faciliten as persoas usuarias o acceso ao servizo.

Máis novas

Comentarios