Mércores. 06.11.2024
El tiempo

O reloxo da torre do IES Fernando Blanco volver marcar o paso de Cee

Esfera restaurada do Reloxo da Torre do IES Fernando Blanco
Esfera restaurada do Reloxo da Torre do IES Fernando Blanco
O reloxo da torre do IES Fernando Blanco volver marcar o paso de Cee

Grandes novas para a familia que forman a Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco. A restauración do reloxo da torre do edificio do instituto, que volve a marcar o paso do tempo e a dar as badaladas puntualmente cada cuarto de hora, supón un fito de satisfacción máxima.

A restauración integral do reloxo Ungerer de 1886 foi de carácter conservador e foi realizada por Dans Relojeros da Coruña que pediron permiso para ter exposto o reloxo na súas instalacións da Coruña mentres non se volveu a montar. Nesta restauración primou a recuperación sobre a substitución e volveron ao seu estado orixinal as partes modificadas en intervencións anteriores realizadas durante o último século e medio. Como parte intrínseca dun ben catalogado, formando parte do mesmo, realizaron todos os traballos conforme ás normas de restauración e a carta de Venecia.

Ademais do reloxo, tamén foi restaurada a esfera exterior e o armario que contén a maquinaria.

Maquinaria restaurada do Reloxo do IES Fernando Blanco

O reloxo foi fabricado pola Casa Ungerer de Estrasburgo, é un reloxo monumental de tres corpos ou módulos: o de marcha, o de cuartos e o das horas, foi instalado na torre polos reloxeiros madrileños M. Hoefler, nome que se pode ver tanto na esfera como nunha placa no bastidor do reloxo.

Dans Relojeros tomou esta restauración como algo máis que un traballo, pois desde a Fundación, o instituto e o contacto con veciños de Cee transmitíuselles que o reloxo é un símbolo de Cee e tratábase de recuperar unha peza histórica. O custe da restauración foi asumido integramente pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Os Tesouros da Fundación en QPC

 

Comentarios