xoves. 27.11.2025
El tiempo

Unha xornada de ganchillo común e unha proxección estes días por Palestina

actos polo Dia por Palestina en Cee e Corcubon
Unha xornada de ganchillo común e unha proxección estes días por Palestina

Novos actos poolo pobo palestino acolle a Costa da Morte este venres 28 e sábado 29, co gallo do Día Internacional da Solidariedade co Pobo Palestino.

O Colectivo de Apoio ao Pobo Palestino COAP Costa da Morte organiza este venres, as 17:00h, na Casa da Cultura de Cee, un Acto no que farán pulseiras e tecerán sandías, explicando a importancia dos símbolos palestinos, coa intención de crear redes co facer e o tecer en comunidade.
Invitan a levar agulla de ganchillo do 3,5-4, e o colectivo porá o resto dos materiais.

Ademais, o sábado, o Concello de Corcubión organiza ás 19.00h na Capela do Pilar a proxección do documental “Gaza, a franxa do exterminio”.

Comentarios