Rocío Leira gaña o III certame de poesía Xosé M. López Ardeiro convocado polo concello de Negreira

Entre tres obras finalistas, estan aparte de "Obituario", "Versos de amor e norte", de Cristina Negreira Barcia, de Negreira, e "Mexacáns do Tambre", de Xosé Antonio Grela, de Santiago de Compostela.
O premio consiste na edición do poemario gañador por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a entrega de 150 exemplares nun acto a desenvolverse na vindeira primavera en Negreira. "Este premio supón un paso importante na miña carreira, pois vai ser o meu primeiro libro de poesía para adultos que ve a luz", asegura Rocío Leira.
O xurado - formado por José Antonio Ponte Far, Xulio López Valcárceln María López Sandez e María Rey - destacou da obra a forza das imaxes poéticas, así como a mirada poliédrica sobre un tema tan actual como a violencia de xénero. "A obra está baseada nun conxunto de poemas, e cada poema sobre a morte dunha muller que cita nun primeiro momento xunto coa data en que foi asasinada", salientou José Antonio Ponte Far, presidente do xurado e amigo persoal de Ardeiro.
"Obituario" consta de 41 poemas, cada un deles encabezado polo nome dunha muller asasinada no 2015, e nos que se ofrecen, a través da linguaxe poética, distintas perspectivas dunha lacra social como son os feminicidios.
Pola súa banda, o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, declarou na súa intervención no acto que o concello iniciará trámites para solicitar que as Letras Galegas 2017 estén adicadas a Ardeiro.
Máis premios
Éste non é o único premio co que a ceense despide o seu ano literario; xa que recentemente lle comunicaron ser a gañadora do segundo premio da XXIX edición do Certame Rosalía de Castro de Cornellá, que dende hai case trinta anos convoca a comunidade galega de Cataluña.
O certame ó que se presentaron máis de 260 obras, tiña como membros do xurado a persoeiros coma Xurxo Souto ou Anxo Angueira - presidente da Fundación Rosalía de Castro -.
Novas relacionadas
- Rocío Leira: “Escribir sobre o cancro sempre é difícil, pero se está orientado ó público infantil a dificultade é maior”
- A ceense Rocío Leira tamén estrea novo libro de literatura infantil
- Modesto Fraga publica os seus 20 anos de poemas á mar.
- Suso Lista publica o seu segundo libro, Xeixos, con sabor ao mar salgado de Corme.
- Modesto Fraga presenta o seu novo libro cheo de Fisterranía.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- Modesto Fraga, Rocío Leira e Lola Canosa, expoñentes da homenaxe poética aos Faros da Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)