Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Rocío Leira gaña o premio de poesía outorgado polo colexio oficial de Psicoloxía de Galicia

Rocío Leira gaña o premio de poesía outorgado polo colexio oficial de Psicoloxía de Galicia
rocio-leira-cee Rocío Leira recibiu un premio polo seu traballo "Desparramar os reloxos" Novo premio para Rocío Leira. A escritora ceense vén de recibir o primeiro premio na modalidade de poesía dos premios literarios que convoca anualmente o colexio oficial de Psicoloxía de Galicia. O texto premiado leva por título “Desparramar os reloxos”. Na categoría de narrativa, a autora galardoada foi Charo Cuba Penabad, pola súa peza "Herdanza". Neste ano, ademais, o xurado outorgou cadansúa mención especial en ambas categorías. Na de narrativa, a distinción foi parar a "Non me lembro do seu nome", escrito por Sandra Cereijo Romero, mentres que en poesía foi merecedor "Aguias e barcos", escrito por Miguel A. Alonso Fernández. María Rosa Álvarez, decana do COPG, foi a encargada de entregarlle os recoñecementos ao premiados nun acto que tivo lugar na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios