Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Rocío Leira gaña un novo premio de poesía

Rocío Leira gaña un novo premio de poesía
rocio-leira-concello-marin Rocío Leira foi a gañadora da XIX edición do Certame de Poesía organizado polo concello de Marín O pasado 17 de maio, Rocío Leira recolleu o premio da XIX edición do Certame de Poesía organizado polo concello de Marín pola súa obra "Raíces cara a dentro". No acto, que tivo lugar no museo Manuel Torres de Marín, tamén se lle fixo a entrega dos premios de poesía ós escolares do concello. O cuarteto de música tradicional Picuíña encargouse da parte musical do evento. O acto enmarcouse dentro da programación especial das Letras Galegas. A escritora ceense, que acumula xa unha gran cantidade de premios, recibiu un cheque por un importe de 1000€ e un trofeo conmemorativo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios