Rocío Leira gaña un novo premio de poesía
08:12 23/05/17
Rocío Leira foi a gañadora da XIX edición do Certame de Poesía organizado polo concello de Marín
O pasado 17 de maio, Rocío Leira recolleu o premio da XIX edición do Certame de Poesía organizado polo concello de Marín pola súa obra "Raíces cara a dentro".
No acto, que tivo lugar no museo Manuel Torres de Marín, tamén se lle fixo a entrega dos premios de poesía ós escolares do concello. O cuarteto de música tradicional Picuíña encargouse da parte musical do evento. O acto enmarcouse dentro da programación especial das Letras Galegas.
A escritora ceense, que acumula xa unha gran cantidade de premios, recibiu un cheque por un importe de 1000€ e un trofeo conmemorativo.
Novas relacionadas
- Rocío Leira gaña o premio de poesía outorgado polo colexio oficial de Psicoloxía de Galicia
- Rocío Leira gaña o XX premio de poeslía Avelina Valladares cun poemario sobre o paro
- Un poema de Rocío Leira gaña o certame de poesía da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
- Sae a luz “Obituario”, o novo traballo de Rocío Leira
- Rocío Leira gaña o III certame de poesía Xosé M. López Ardeiro convocado polo concello de Negreira
- Rocío Leira: “Escribir sobre o cancro sempre é difícil, pero se está orientado ó público infantil a dificultade é maior”
- A ceense Rocío Leira tamén estrea novo libro de literatura infantil
- Modesto Fraga publica os seus 20 anos de poemas á mar.
- Suso Lista publica o seu segundo libro, Xeixos, con sabor ao mar salgado de Corme.
- Modesto Fraga presenta o seu novo libro cheo de Fisterranía.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- Modesto Fraga, Rocío Leira e Lola Canosa, expoñentes da homenaxe poética aos Faros da Costa da Morte.
- Redacción QPC ([email protected])