Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Rock Corner Bar volve ser o epicentro cultural de Cee cun novo recital

Recital no Rock Corner Bar de Cee
O Rock Corner Bar volve ser o epicentro cultural de Cee cun novo recital

Xa recuperou a senda da actividade cultural Suso Bahamonde e xa non haberá quen o pare ata o verán. Alegrámonos así de que o Rock Corner Bar volva ser ese epicentro cultural que tanto necesita a vila de Cee.

Este vindeiro sábado 11 de xaneiro, a partires das 20:30 poetas chegados de diferentes partes do país, xuntaránse no RockCorner bar para mostrar os seus últimos traballos. Aos costeiros Xaime Trillo e Álex López, únense Alberte Momán, Ramino Vidal, Begoña Barral, Manuel López ou Moncho Bouzas.

Haberá venda de libros, sinaturas e un recital colectivo.

Comentarios