Venres. 26.04.2024
El tiempo

“A Sanidade Pública é tesouro que nos están roubando”

Mesa de Sinaturas de SOS Sanidade Publica
A Mesa de Sinaturas de SOS Sanidade Pública estivo todo o día na praza 8 de marzo de Cee
“A Sanidade Pública é tesouro que nos están roubando”

Desafiando ao tempo, a Plataforma Pediatras e Matronas Xa! estivo durante toda a xornada de onte, ao que fixeron máis de 30 colectivos en toda Galicia, recollendo sinaturas para a ILP SOS Sanidade Pública na Praza 8 de Marzo de Cee.A presidenta da plataforma, Vanessa Viquendi instalou, baixo a carpa cedida por Protección Civil, e mesa informativa na que foi recibindo ducias de persoas ao longo da xornada.

”Foi moi boa a acollida por parte da cidadanía, a pesar de que o tempo non acompaña, hai moita xente que veu apropósito a asinar e moita outra que se acerca por curiosidade e cando lle explicamos asinan sen problema e, en moitas ocasións, nos explican as súas propias experiencias en Atención Primaria, de longas espera para ser atendidos, a cada vez máis constante rotación de persoal facultativo ou as veces que acabaron no hospital comarcal eles/as e/ou seus fillos/as, por casos que perfectamente se poderían subsanar en Primaria”, explica Viquendi.

”Moitos outros/as afincados na zona, que por exemplo veñen de outros paises onde non existe sanidade pública, nos animan a loitar e nos din que vivir con sanidade privada é vivir con medo, medo a non ter boa atención e medo a non poder pagala. Afirman que temos un tesouro que nos están roubando e que temos que protexer e recuperar”.

Quen agradecer o compromiso de toda a veciñanza, e ofrecen este Manifesto onde se contemplan boa parte as carencias que sofre a comarca e toda Galicia nesta materia:

 

Manifesto Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia – 30 novembro Asociación Pediatras e Matronas XA

Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convocamos a toda a cidadanía a mobilizarse para salvar e fortalecer a Atención Primaria e a todo o Sistema Sanitario Público Galego, seriamente ameazado polas política de recortes e desmantelamento da Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia.

A poboación en xeral sofrimos importantes trabas e limitacións para ser atendidos e atendidas. A radiografia actual da situación de xestión sanitaria na que nos atopamos é a seguinte:

  • ➔  Dificultades para ser atendidos/as de maneira presencial nos Centros de Saúde, PAC e Servizos de Pediatría de Atención Primaria:

    • ◆  Tendo que soportar listas de espera de días ou semanas, así como consultas masificadas.

    • ◆  Especialmente no rural, o servizo dos PACs e as consultas de primaria sofren cada vez máis recortes, en horarios e dias de atención, incluso hai centros que non teñen profesionais para atender a usuarios e usuarias.

    • ◆  En moitos casos non se respetan os calendarios de revisión e vacinación dos máis pequenos/as.

    • ◆  É unha práctica extendida que non atendan ás criaturas pediatras; cada vez son máis os/as médicos/as de familia os que fan esta atención.

    • ◆  Cabe resaltar que no caso dos máis pequenos e pequenas, esta falta de referentes estables desde primaria incrementa o malestar das familias, que teñen que peregrinar buscando quen os atenda; agravándose o dano de saúde física e emocional cando se trata de criaturas con dificultades neurolóxicas, enfermedades crónicas, dolencias “raras”, trastornos do desenvolvemento, necesidades de atención en saúde mental ...

    • ◆  Tamén reduciron de forma considerable o personal de enfermeria e matronas na atención primaria.

  • ➔  Escasean as campañas e os programas de prevención e promoción da saúde, o que provocará máis cedo que tarde, un aumento de máis necesidades de atención directa.

    • ◆  Os programas de promoción de hábitos saudables (alimentación, deixar de fumar, promoción da actividade física e deporte) pasan a ser anecdóticos e abandónase por tanto, a continuidade de campañas que se impartiron noutros momentos para previr diabetes, obesidade, adiccións, etc.

    • ◆  Os e as xoves a penas contan con recursos públicos para o acompañamento da súa formación e saúde en aspectos afectivos-sexuais, tan fundamentales para previr embarazos non desexados e enfermidades, así como para fomentar relacions igualitarias e respectuosas.

    • ◆  As mulleres sofren unha dobre discriminación, pois non se garante a atención de aspectos tan básicos e específicos como a planificación familiar, a formación e apoio nos cursos durante o embarazo e despois do parto, a prevención da depresión postparto, o acompañamento na menopausia...

    • ◆  Este sistema precario e desorganizado, non conta coa participación comunitaria, pechando así o potencial para crear de forma colectiva un modelo eficiente, adaptado as necesidades reais e actuais da nosa sociedade.

O COLAPSO na atención primaria implica unha desatención xeneralizada e un bloqueo para unha derivación ordenada e áxil para as especialidades que os/as usuarios/as podan necesitar. Instaurándonse cada vez máis a via da “urxencia” hospitalaria, levando ese colapso ós hospitais por tanto e despersonalizando o seguemento dos procesos de saúde das persoas.

O persoal dos centros está sometido a condicións de inestabilidade e precariedade laboral inaceptables, así como a unha enorme presión asistencial, producida polo recorte de persoal e a falta de recursos. É alarmante o aumento de casos de profesionais sanitarios que deciden abandoar a profesión (“burnout”) e/ou o territorio.

Desde a Xunta de Galicia e a Conselleria de Sanidade non hai ningunha vontade de facer fronte ao problema dado que, para o 2023 o orzamento sanitario apenas crece respecto a este ano, especialmente o de Atención Primaria que pasaria do 13,4% ao 13,7% do gasto sanitario total, tres miserables décimas para facer fronte á maior crise do sistema sanitario desde que se creou. Con este incremento é imposible recuperar a atención nas consultas de medicina familiar e os servizos de pediatría; tampouco se poderá resolver o problema dos PAC que están pechados por falta de persoal médico e dos outros profesionais necesarios para unha atención de calidade.

Por todo iso desde SOS Sanidade Pública convocamos a esta mobilización xeral de rexeitamento ao desmantelamento da Atención Primaria Pública e en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular na que propoñemos que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha serie de medidas necesarias para solucionar a situación.

É necesario redobrar os esforzos para recoller firmas para a ILP, informar á poboación do desastre da Atención Primaria e continuar convocando concentracións e manifestacións en todas as localidades de Galicia.

Reivindicamos un Novo Modelo de Atención Primaria que responda ás necesidades da poboación, dotando dos recursos necesarios para atender os problemas e demandas de saúde da poboación, baseado na atención directa, a promoción e prevención da saúde, a participación social e o traballo comunitario.

As mobilizacións non pararán ata conseguir o obxectivo de salvar e fortalecer a nosa Atención Primaria.

SOS Sanidade Pública convocara a unha nova manifestación en Santiago a primeiros do mes de xaneiro.

Soamente a alianza da poboación co persoal sanitario pode frear a deterioración do nivel primario de asistencia e a precariedade do persoal.

Seguiremos convocando novas actuacións unitarias.

Novas relacionadas

Comentarios