Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Sergas incorpora 6 celadores ao HVdX, cifra considerada “absolutamente insufiiciente” polos sindicatos

celadores en loita Hospital HVdX 2023
Imaxe da concentración realizada esta mañá ás portas do Hospital
O Sergas incorpora 6 celadores ao HVdX, cifra considerada “absolutamente insufiiciente” polos sindicatos

O pasado abril de 2022 o Tribunal Supremo obrigaba o Sergas a contratar celadores no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Un Hospital que leva 25 anos sendo o único Hospital de Galicia sen ter esta categoría, obrigando a outros profesionais a facer a función que debería facer os celador@s.

Pasaron moitos meses ata este 15 día de febreiro, día que vén de anunciar a Área Sanitaria da Coruña e Cee para a incorporación de 6 celadores. 6 profesionais que veñen a sumarse aos 382 que integran a plantilla do Hospital de Cee.

Pero dende o Sindicato de Técnicos de Enfermería, o “culpable” de conseguir a inclusión da categoría, non están dacordo co tardío acatamento da sentenza. “Os traballadores estamos cansos, e cremos que están xogando con nós. Dinnos agora que incorporación será o 15 de febreiro, pero é xa dixeron o mesmo para o 15 de xaneiro, para o 1 de febreiro, e mesmo para esta semana…”.

Van máis alá dende o sindicato. ”6 celadores para cubrir 24 horas e 365 días, quere dicir que vai haber un celador por turno para todo o Hospital. É dicir, un só celador vai cubrir 2 servizos de urxencias que hai activos no Hospital, un servizo con 3 quirófanos funcionando, un servizo de raios e dúas plantas de hospitalización. É absolutamente inviable”.

Cansos así pola tardanza da incorporación dos novos profesionais e polo insuficiente número de profesionais, o SAE convoca unha concentración ás portas do Hospital a modo de protesta este venres ás 12:00h.

Novas relacionadas

Comentarios