Serxio Domínguez volverá ser o candidato do BNG á alcaldía de Cee
Serxio Domínguez Louro, natural de Canosa-Lires, leva sendo o portavoz en Cee desde 2012 e concelleiro desde o 2014, e estas serán súas terceiras eleccións municipais como candidato á alcaldía polo BNG.
“En Cee é necesario e urxente un cambio de modelo, e o BNG ten demostrado, alí onde goberna, que é capaz de levar a cabo os cambios precisos para mellorar as vilas e as aldeas. Queremos abrir un tempo novo en Cee, tempo de alegría e de ilusión, de esperanza e sen crispacións nen malas caras, é tempo doutra maneira de facer política…explicou o candidato nacionalista”.
“Quero mostrar o meu agradecemento aos compañeiros e compañeiras que unanimemente respaldaron a miña candidatura para seguir liderando o proxecto que o Bloque Nacionalista Galego ten para Cee, e decirlles tamén que me sinto orgulloso desta organización e do equipo que me rodea", recalcou tamén Serxio.
O voceiro nacionalista enfrontarase a Margarita Lamela (PSOE), Jesús Picallo (PP), Pilar Iglesias (IxCee), e Víctor Somoza (UC), pendentes aínda da posible repetición de Cs.