Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A sociedade ceense demostrou a súa solidariedade no Xantar da AECC

Xunta Local Cee AECC Xantar 2024
Xunta Local Cee AECC no Xantar. Foto: Rafa Quintáns
A sociedade ceense demostrou a súa solidariedade no Xantar da AECC

A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Cee, celebrou con éxito o seu IV Xantar Solidario o pasado 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, no restaurante Valentín. O evento contou cunha asistencia de 150 comensais que gozaron dun menú tradicional (entremeses de tortilla e empanada, pescada con ensalada, tenreira guisada e torta xeada acompañado de café de pota) e a actuación do grupo de música galego Peta Forte.

A xenerosidade manifestouse nos numerosos sorteos de produtos doados por empresas locais, contribuíndo a unha xornada chea de alegría e solidariedade. A AECC agradece a todos os participantes e colaboradores, e anticipa os próximos eventos solidarios, reafirmando o seu compromiso coa loita contra o cancro.

Asistentes Xantar AECC 2024
Foto de Rafa Quintáns

Máis citas

A AECC aproveitou a ocasión para lembrar que continúa o seu labor, cos seguintes eventos programados: O sábado 5 de outubro, a Andaina Solidaria entre Cee e Corcubión, una cita de lecer e saúde. Así mesmo, o festival solidario da AECC, que tradicionalmente se celebraba en Nadal e que se adiantará ao sábado 23 de novembro, prometendo ser un evento cheo de cultura, diversión e solidariedade.

Comentarios