Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A sociedade civil volve saír á rúa este luns por Palestina

Concentracion Cee e Carballo Palestina 26 febreiro 2024
A sociedade civil volve saír á rúa este luns por Palestina

Xa non é portada nos medios, pero Israel segue batendo un día tras outro á poboación Palestina. A guerra de Oriente Próximo xa leva 6 meses en marcha e a comunidade internacional nada fai por evitalo. A sociedade civi é a única que segue a pé de rúa esixindo dende o mesmo outubro con continuas manifestación o cese da violencia por parte do estado sionista israelí.

Este vindeiro luns 26 de febreiro de 2024, a sociedade galega volverá saír á rúa, acodindo ás concentracións convocadas e máis de 20 cidades do país polos colectivos Galiza por Palestina, Mar de Lumes, Asociación Galaico Árabe Jenin ou BDS Boicote e Desinvestimentos a Israel.

Na Costa da Morte as citas serán en Carball e Cee, ás 20:00h na Praza do Concello.

Máis novas sobre Palestina

Comentarios