venres. 08.11.2024
El tiempo

A Viñeta de Nando Lestón: NUNCA JHAMÁS

Viñeta de Nando Lestón
A Viñeta de Nando Lestón: NUNCA JHAMÁS

 NUNCA JHAMÁS

A GUERRA DEBERÍA ESTAR PROHIBIDA POR LEI...ou eso ou meter en chirona a todo científico que desenrole unha fómula matemática que condense a posibilidade de facer unha arma que mate.

Unha pedrada tamén mata;así se levan defendendo muitos grupos humanos e así nos acabaremos matando...a pedradas.

Había un rapaz na escola que era o que chamabamos un abusón... hoxe está só e sen amigos nin familia, non me alegro delo... pero amargou a muita rapazada durante anos.

Cando comencei a saír ás discotecas de Muros, tiña un amigo de instituto que só ca súa presenza abría camiño. Sentíame eu a gusto con aquel colega que se abría paso diante de calquera dificultade física, pero cando se trataba de dialogar ou de buscar un parecer razonado, preguntábame que me parecía esta ou tal cousa. Non se pode estar a todo.

Se puideramos situarnos no medio e medio desa parede que mantén a Gaza encerrada en si mesma durante tantos anos, veriamos que dun lado hai coches, estradas, bancos, parques, oficinas, farolas, corporacións de toda ralea, carteis publicitarios, tendas, comercios e grandes superficies... supermercados... fruita fresca....

Se miramos ao outro lado, ao dereito do muro... vemos... vemos... vemos... terroristas ou nenos terroristas ou médicos e granxeiros terroristas, vendas, gasas e alcohol terroristas, pedras terroristas, coches terroristas... costureiras terroristas e terror que sempre está tramando máis terror.

A palabra é ANIQUILACIÓN e funciona así...

A PAZ  non é un dereito é unha excepción nese lugar... só existe o dereito a defenderse. Por un lado a expansión territorial, por outro a defensa do territorio.

E todo por que alguén ten un "amigo abusón"...

Esta guerra, coma todas, chea de falsedades e inxusticias, faise camiño nas nosas cabezas que tenden a posicionarse unhas veces dun lado e outras na do abusón..v. émolo todolos días cando un grupo humano se envalentona e todos se arriman ao máis forte; poucas veces hai desidencia, máis ben, vitimización. O verdugo tende a vitimizarse. O abusón, por medio da forza, pon orden, na súa casa e na dos outros.

Eu o que vexo é morte evitable.

Hamás crea unha catarse, dolorosa e brutal, sinte que así non se pode seguir, ninguén lles fai caso e miles de persoas son desprazadas, encerradas, e sometidas na súa casa á violencia do veciño.

Seguro que todo é máis complexo, seguro...

Leva sendo complexo corenta anos pero o "amigo abusón" ten intereses mui claros... o capital.

Cando alguén concentra tal cantidade de poder tende a perder o norte do xusto, do ecuánime, dos valores comús e impón os seus. É a natureza do ser humano que a estas alturas aínda non aprendiu a relacionarse entre si... No mundo domina a desconfianza e a mentira, caldo de cultivo para a incertidumbre da que as próximas xeracións serán os titulares, nun fracaso humano común que permitirá que un día alguén entre polo cancelo da nosa casa e se quede con todo, mentres os veciños mirarán dende a fiestra por que aquel asunto non vai con eles. Xa irá...

Así, en directo mostran a osadía dun tarado que se ve no dereito, por un sufrimento e "trauma" pasado, a defenderse aniquilando, revelando a paradoxa de que eles poden facerlle a outros o que a eles lle fixeron, salvando por suposto as distancias, o abusado tornou en abusador. Simplemente... por que pode... pode porque ten un "amigo abusón" que lle cubre a retagarda.

Todo o que fale inglés ten creto e o que fale morisco produce terror, e desconfianza. Por iso os negocios se fan en injlés.

  • Nando Lestón. Artista, pintor e escultor que vive en Carnota.

MÁIS INFO

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

Comentarios