Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Solicitan unha praza, de difícil cobertura, para completar a área de Psiquiatría do Hospital de Cee

Solicitan unha praza, de difícil cobertura, para completar a área de Psiquiatría do Hospital de Cee

Leva décadas a Costa da Morre sufrindo problemas para cubrir postos no sector da sanidade ou a educación pública. A presenza pasaxeira de profesionais que pasan uns anos nos nosos colexios, nos nosos centros de saúde, no noso Hospital… pero que despois queren voltar a súa terra ou ás cidades, provoca situacións como as que levamos vivindo en centros de saúde da zona, onde durante longas temporadas non se cubren as baixas dos profesionais tanto na atención primaria como no Hospital Virxe da Xunqueira.

A falta de incentivos para que os profesionais accedan a estas prazas lonxe dos grandes núcleos urbanos é unha das chaves para que sigamos sufrindo esta problemática que incide directamente na diferente calidade do servizo da sanidade pública no rural con respecto ás cidades. Por iso, é fundamental que o SERGAS teña en conta as demandas da nosa comarca nos procesos de contratación para postos de difícil cobertura, como o da especialidade de Psiquiatría que afectan á area sanitaria Coruña e Cee.

O Hospital Virxe da Xunqueira de Cee só ten unha praza de Psiquiatría, cando lle corresponderían 2 polo número de habitantes que cobre, igual que na área de Psicoloxía. Así o entenden dende a CIG, que levan tempo pelexando por unha segunda praza de Psiquiatría no centro ceense.

En marcha está, de feito, un concurso de méritos para postos de difícil cobertura de diferentes especialidades, e se ben o centro de saúde de Dumbría están expresamente mencionados no concurso, neste procedemento non aparece o noso hospital. Explícannos dende o sindicato que no momento da convocatoria deste procedemento o Sergas non podía ter convocado a praza de difícil cobertura no centro costeiro porque non existe esa segunda praza, pero a comunidade sanitaria entende que no seguinte proceso debería aparecer esa praza.

É certo que o Sergas está nun momento complicado, nun limbo pendente das decisións da Xunta en canto aos mandos de dirección, no que ninguén quere mover un dedo. Pero solicitan que na seguinte convocatoria para cubrir prazas de difícil cobertura, tería que saír esa segunda praza de Psiquiatría no HVDX, sempre que antes de fose habilitada.

Comentarios