#somosinfinitos polo Día Mundial do Autismo

Hoxe 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Unha data que quere conmemorar a Asociación Paseniño, que pide a colaboración cidadá para invadir ás redes co símbolo de infinito e coa etiqueta #somosinfinitos. Así o simboliza o pequeno Simón, o ceense unha das poucas cranzas diagnosticada coa alteración do xen MED13 en toda España, e amigo xa desta casa dende o Partido Solidario do pasado Nadal da Selección da Costa QPC.

A entidade costeira lembra que “non hai dúas persoas con autismo iguais. Cada persoa autista é única, coas súas propias necesidades, habilidades e intereses. Por iso, cada persoa necesita un apoio especializado adaptado á súa situación persoal e etapa da vida”. De aí que “a infinidade de cores representa a diversidade e a singularidade que existe dentro do espectro do autismo. Non hai dúas persoas con autismo iguais;  e aínda que compartan o mesmo diagnóstico, cada un ten os seus propios intereses, capacidades e necesidades”, explican.

X SoIidaria

A cita coincide co comezo da campaña da renda, e moitas entidades sociais lembran a importancia de que toda a cidadanía marquemos a X Solidaria para axudar no financiamento de proxectos sociais que benefician a colectivos en situación de vulnerabilidade. A través deste mecanismo, o 0,7% dos impostos recadados destínase a organizacións como esta, permitindo a mellora dos seus servizos e programas de apoio ás persoas con discapacidade.

Máis novas