venres. 07.02.2025
El tiempo

Paseniño amplía os seus servizos para Nenos/as con Necesidades Especiais co Servizo de Respiro Familiar

Actividades de Pasenino de Respiro Familiar
Paseniño amplía os seus servizos para Nenos/as con Necesidades Especiais co Servizo de Respiro Familiar

Espectacular o crecemento e a implantación da Asociación de Familias de Nenos/as con Necesidades Especiais Paseniño. A entidade continúa ampliando os seus servizos na Costa da Morte, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos menores con necesidades especiais e das súas familias. Nun entorno rural onde os recursos son limitados, a entidade consolidouse como un piar fundamental para estas familias, ofrecendo asesoramento, actividades inclusivas e apoio especializado.

Desta volta, e gracias á subvención concedida pola Xunta de Galicia a través do Programa de Cooperación, Paseniño puxo en marcha a finais do pasado ano un Servizo de Respiro Familiar, que permite ás familias contar cun apoio no coidado dos seus fillos/as, favorecendo a súa conciliación e benestar. Ao mesmo tempo, os nenos e adolescentes reciben atención no seu entorno, fomentando a súa inclusión e aproveitando os recursos comunitarios existentes.
Esta axuda permitiu contratar a unha coidadora a media xornada durante un ano, garantindo unha atención profesional, continuada e adaptada ás necesidades dos menores.

Novos obradoiros

Ademais deste novo servizo, a asociación segue impulsando iniciativas para ampliar o seu alcance e mellorar os seus recursos. En febreiro, comezarán novos obradoiros grupais de habilidades sociais e autonomía, dirixidos a nenos/as e mozos/as de 6 a 20 anos, co obxectivo de fomentar a súa independencia e participación na comunidade.

Colaboración

Paseniño fai un chamamento á colaboración da sociedade e das institucións para seguir medrando e fortalecendo a súa labor. As familias interesadas no Servizo de Respiro ou noutras actividades poden poñerse en contacto coa asociación a través do correo electrónico [email protected] ou do teléfono 604 047 582.

Con todo, a entidade tamén continúa na procura de financiamento para contar cun/unha profesional que coordine os distintos servizos en marcha, así como dun local propio que permita ofrecer máis servizos e chegar a máis familias.

”Co respaldo da Xunta de Galicia e o apoio dos socios e socias, así como o traballo diario das familias, Paseniño segue avanzando para garantir un futuro máis inclusivo e cheo de oportunidades para os nenos e nenas con necesidades especiais na Costa da Morte”, conclúen con esperanza.

Máis novas

Comentarios