![foucellas talia teatro]()
Que mellor sitio que a casa para presentar unha das últimas produccións. Os
compañeiros de Talía Teatro presentan este
domingo ás 20 horas na casa da Cultura de Cee a súa última producción:
"Foucellas".
Un texto escrito e dirixido por
Cándido Pazó e que interpretan
Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo.
Sinopse
Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un resistente. Un dos últimos homes do monte. Dos que a xente podía chamar, xenericamente, un ‘foucellas’. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe!
Firmeza, teimosía, dúbida, certeza, lealdade, inercia, utopía, inxenuidade, rebeldía, resignación, adaptabilidade, determinación... as armas dunha crúa batalla dialéctica nun tempo terminal.
Ficción, mito e realidade nunha proposta para pensar un momento histórico... o pulso metafórico sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza, a administración da derrota.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Talía Teatro