Venres. 29.03.2024
El tiempo

Entrevista de traballo con Talía Teatro

Entrevista de traballo con Talía Teatro

Quedan moi poucas entradas (xa está completo un 80% do aforo) para as citas teatrais do FIOT deste xoves 11 e venres 12 de outubro. I é que a ocasión o merece, nada menos que a estrea de "O método Gronhölm", a nova obra que Talía Teatro leva cociñando varios meses.

Hoxe tiña lugar a presentación oficial da estrea na que estiveron os protagonistas Artur Trillo, director de Talía Teatro e integrante do elenco protagonista xunto con Toño Casais, María Ordóñez e Dani Trillo, acompañados polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e por Alberto Sueiro, presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, en representación do FIOT.

A obra do coñecido dramaturgo catalán Jordi Galcerán ademais segue perfectamente a liña editorial do programa do Festival, facendo un crú retrato da sociedade actual. "O Método Gronholm "deixa ver as entrañas das grandes empresas" e reflexiona sobre as normas da sociedade "explicando ata onde podemos chegar para obter un posto de traballo", como comentaron os protagonistas.
A obra retrata un proceso de selección de persoal nunha gran empresa, onde a entrevista de traballo de toda a vida se convirte nunha auténtica masacre deshumanizada.

Cartel de O Método Gronholm de Talia Teatro

Un café con... Talía

Ademais, Talía Teatro participa no programa "Café con..." unha oportunidade de achegamento persoal entre compañías, actores e directores, e público. Unha posibilidade para que presenten de primeira man o espectáculo nun ambiente agradable e distendido, tomando un café. A cita, aberta a todo o público que o desexe, é o venres 12 a partires das 19.30 horas na sala de televisión do Pazo da Cultura.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios