Venres. 18.06.2021
El tiempo

O teatro inclusivo une os centros educativos de Cee

Teatro Inclusivo en Cee
O teatro inclusivo une os centros educativos de Cee

O xoves pasado en Cee tivo lugar na Casa da Cultura unha acción de teatro inclusivo que uniu aos CEIP Manuela Rial e o IES Agra de Raíces. No marco dun proxecto financiado polo Erasmus + da Unión Europea, que na vila da Xunqueira tamén contou coa colaboración municipal, o proxecto JAMM-IN afondou na inclusión social mediante as artes escénicas.

A representación tamén incluíu un coloquio entre as artistas e o público xuvenil a modo de encontro intercultural con persoas diversas, que axudou a botar por terra estereotipos e convide a desenvolver narrativas de esperanza.

comentarios