"Toda violencia empeza pola palabra"
Mesturouse no pleno de onte en Cee a problemática ca ordenanza da normativa lingüística co tema da Violencia de Xénero. Volveu ser protagonista o concelleiro do PSOE, Modesto Rivas. O seu grupo levaba unha moción sobre a violencia machista, e aí foi cando o BNG chamou "hipócritas" aos concelleiros socialistas, recordando as liñas que presentaron para rexeitar a normativa do uso do galego:
Debemos respetar la gramática y la aplicación del masculino gramatical común a todas las lenguas romances o, por el contrario, vamos a lanzarnos a la monótona y tediosa copulación de los ciudadanos y ciudadanas, compañeros y compañeras, todos y todas, etcétero y etcéra?
Unhas palabras que se resumen nunha liña: "Toda violencia empeza pola palabra", como considera o edil do BNG Serxio Domínguez, que coincide neste caso co criteiro da Organización Feminista Buserana, que critica tamén encarecidamente as declaracións machístas de Rivas.
As Buseranas, que xa teñen preparada a acción do #25N queren expresar "o seu desconcerto e posterior enfado ante as declaracións feitas polo concelleiro do PSOE, Modesto Rivas, no último pleno en Cee. Estas palabras mostran unha actitude claramente machista e un descoñecemento inadmisible da linguaxe inclusiva por parte dun representante da cidadanía, ademais dun burdo xogo de palabras".
Valoran que "durante séculos as achegas das mulleres foron excluídas da Historia en tódolos ámbitos: científicas, escritoras, artistas, loitadoras... borradas da memoria, plaxiadas e ninguneadas. A linguaxe nin é inocente nin o masculino inclusivo, senon unha ferramenta máis da sociedade patriarcal".
Por iso, consideran que "para camiñar cara a unha sociedade igualitaria debemos comezar por visibilizar á metade da cidadanía: ás mulleres; xa que o que non se nomea, non existe".
Así, esixen "a quen di representarnos que avance coa sociedade".
Novas relacionadas
- Concellos e outras organizacións encabezan os actos do #25N.
- Cee pide galego.
- Cee queda sen regulamento para o impulso da lingua galega pola negativa de PSOE, PP e Ciudadanos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).