Sábado. 26.09.2020
El tiempo

Traballadores e traballadoras de Ferrotlántica emprenden unha marcha a pé dende Cee ata Santiago de Compostela

Traballadores e traballadoras de Ferrotlántica emprenden unha marcha a pé dende Cee ata Santiago de Compostela
Manifestacion-por-Ferroatlantica-5 Centos de persoas de toda a comarca participou na manifestación convocada polo Comité de Empresa de Ferroaltántica o pasado 10 de marzo A loita continúa e Comité de Ferroatlántica vén reunirse para ultimar os detalles da folga e das mobilizacións anunciadas para o vindeiro 8 de xullo. Así, ás 12 horas haberá en Santiago de Compostela unha manifestación con saída da Alameda. Ademais, o mércores 5 de xullo arrancará dende Cee unha marcha a pé de traballadores e traballadoras que, en sucesivas etapas, percorrerá a distancia que separa a Costa da Morte da capital galega, a onde chegará o propio sábado pola mañá, antes da saída da manifestación. Para recoller a solidariedade da veciñanza e chamar á participación na manifestación, o Comité tamén acordou facer un reparto masivo de dípticos explicando os motivos da folga, colada de cartaces en todos os concellos da comarca e mesmo se estuda organizar actos públicos abertos nas localidades onde se rematen as distintas etapas da andaina. Con estes actos, o Comité de empresa pretende implicar tamén aos alcaldes e ás corporacións municipais no "obxectivo de chamar á comarca a demostrar - como xa fixemos o pasado 10 de marzo - o rexeitamento unánime ás pretensións de venda das nosas centrais hidroeléctricas e esixir á Xunta de Galicia que atenda este clamor colectivo, cumpra a legalidade e desautorice a segregación das actividades", manifestan os representantes dos traballadores. Folga Por outra parte, hoxe tamén se procedeu ao rexistro da convocatoria de folga na Consellaría de Traballo. Segundo informan dende o Comité de Empresa, o paro desenvolverase das 06:00 horas do 8 de xullo ata ás 06:00 horas do día seguinte, afectando deste xeito ás tres quendas completas de traballo e a todos os centros de Ferroatlántica na Costa da Morte (fábricas de Cee e Dumbría e centrais de Vimianzo e Dumbría). Así mesmo, a folga amplíase a toda a actividade auxiliar que depende de Ferroatlántica. "Fronte ás ameazas e anuncios da empresa, que cada día sae á palestra cunha proposta máis chapuceira e inverosímil na procura de conseguir respaldo ás súas ilegais intencións, o Comité reitera que calquera plan industrial e de inversións e, polo tanto, a xeración de emprego no futuro, non pode estar supeditado en ningún caso á venta das centrais hidroeléctricas nin á segregación de actividades", sinalan os representantes dos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica. Ademais, comunican lamentar "a pasividade da Xunta de Galiza por non ter atallado dende o primeiro momento as tentativas do Grupo Villar Mir, e manter durante meses unha posición ambigua, que só xera inseguridade entre o conxunto dos traballadores/as e a veciñanza da Costa da Morte". Segundo manifestan, "non vale que o presidente da Xunta se esconda detrás do labor dos servizos xurídicos para diluír as competencias da administración galega: as cláusulas das concesións son claras: a concesión dos aproveitamentos hidráulicos vinculouse sempre a produción de ferroalixes para o mantemento dos postos de traballo". "Ferroatlántica aceptou estas condicións ao adquirir o complexo industrial e os saltos de auga, aínda que logo iniciase accións xudiciais para lograr a desvinculación, o que derivou nas sentenzas do TSXG e o TS avalando as cláusulas. Este novo asalto deixa patente que o Grupo Villar Mir non ten interese en manter o emprego na comarca e só busca tirar beneficio económico, desfacéndose a prezo de saldo dos recursos de todas e todos nós; nun momento no que, ademais, empresas do grupo vinculadas ao sector inmobiliario atravesan graves dificultades económicas e no que se investiga á compañía polo presunto financiamento irregular do PP, o partido político que hoxe ten que na súa man autorizar ou non a venda das centrais" reiteran dende o Comité de Empresa.

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

comentarios