Un detido en Corcubión por roubar 100€ unha semana despois da oleada de roubos
A semana pasada a vila de Corcubión, e a de Cee e a de Dumbría, eran pasto de varios intentos de roubos. Hoxe coñecemos que un veciño da localidade foi detido pola Garda Civil como suposto autor dun delito de roubo con intimidación.
Ao parecer, o agora imputado, con antecedentes por trapicheo de droga, coaccionó e intimidou verbalmente a unha muller para subtraerlle 100 euros.
Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Número 2 de Corcubión. Ata alí van os detidos mentres Corcubión non perda a súa categoría como Cabeza Partido Xudicial, logo, xa veremos o que pasa.
Oleada de roubos na zona
Pero volvendo unha semana cara atrás, a verdade é que os ladróns que a semana pasada meteron o medo nas vilas da comarca de Fisterra non parecían moi profesionais. I é que os establecimentos escollidos non eran os máis propensos a ter cartos líquidos. Unha floristería e unha xestoría en Corcubión, un bar en Cee e unha empresa de mobles en Dumbría foron os escollidos. E parece ser que en ningún deles levaron premio.
Percisamente a tranquilidade de que ninguén che vai roubar nada nunha vila como a de Corcubión é a fai desta zona un lugar especialmente agradable para a vida cotiá. De feito, os novos veciños que quedan a facer as súas vidas aquí é unha das cousas que máis destacan. "O feito de poder deixar a porta aberta todo o día fai que che sintas tranquilo, moito mellor que nunha cidade", valora un veciño alemán da zona.
Novas relacionadas
- Corcubión artella un Taller para previr a drogodependencia para pais e nais.
- Corcubión rexeita o desmatelamento do seu Partido Xudicial.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- Aulas CeMIT: Máis cursos en Fisterra e parálise en Corcubión.
Fonte
- Nota de prensa da Garda Civil.