Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Un escenario inédito se abre para o comercio na Costa da Morte

Un escenario inédito se abre para o comercio na Costa da Morte
O balance trala campaña de Nadal e coas rebaixas en pleno apoxeo no comercio en Cee ven de amosar a verdadeira faciana da competencia comercial no século XXI para unha pequena vila nun lugar illado e nun contexto de competencia feroz.  Unha pequena enquisa informal entre varios comerciantes na vila da Xunqueira ven de revelar un escenario difícil de dixerir, pero desgraciadamente real e de difícil solución a primeira vista. O comercio electrónico, principalmente desde plataformas como Amazon, a competencia dos propios fabricantes en determinados sectores, coma o textil ou da zapatería, e unha tendencia cada vez maior a "probar na tenda e mercar na rede" están entre os piares da problemática que leva a motivos comerciantes a decir que este Nadal foi, probablemente, "o peor da historia" para os seus comercios. Concretamente, falamos con 4 comerciantes distintos (unha tenda de roupa, unha zapatería, un negocio dedicado a informática e unha moblaría) con claras coincidencias en determinar estes extremos como responsables en parte da situación que está a levar ao peche de non poucos negocios na vila de Cee. "Non se pode competir cando o que che vende a ti os zapatos está ofrecendo a mesma mercancia na rede a metade de prezo ca ti", nos dicía a zapateira, con anos de experiencia no sector. "Eu levo semanas devolvendo pedidos para ampliar a campaña de inverno porque casi todo o que teño quedou sen vender despoís do Nadal", afirmou. "Un repartidor dos que me trae a min a mercancia me dicía en decembro que andaba agobiado porque, a diario, tiña mais de 200 envíos para esta comarca de tendas de venta por catálogo na rede". A competencia desleal no sector servizos tamen se apunta como unha das causas da actual situación. Neste senso, un profesional da reparación técnica nos dicía que, no seu caso, esta circunstancia estaría detras dos problemas en moitos negocios do sector que foron pechando nos últimos tempos: "Hai moita xente con outras actividades ou directamente sen traballo ofrecendo servizos e traballos sen cotizar e sen que ninguen, ningunha autoridade, pareza estar moi interesada en vixiar que se fagan as cousas como é debido". Sectores coma o textil veñen padecendo unha serie de circunstancias que están a complicar en moito a actividade e son varios os peches recentes de tendas deste sector en Cee. A meteoroloxía, que retrasou a campaña de inverno con temperaturas propias de agosto a finais de novembro, unida a competencia directa de cadeas como Amazon, Privalia ou similares, está a motivar que en non poucas ocasións, en vilas tan pequenas como esta, os comerciantes detecten que a prenda que un ou unha cliente probaba no seu establecemento sen mercala, apareza como parte do seu vestiario días despois.... mercada noutro lugar. "Eso é o mais grave para min", nos dicía unha comerciante do textil, "que veciños meus usen o noso xénero coma se fose un probador da páxina web de turno onde acaban mercando o mesmo, pero mais barato". Ningún dos e das comerciantes aos que entrevistamos para a confección desta reportaxe quiso ser citado neste artigo, pero si coincidieron en considerar que a situación é o bastante grave como para dar a voz de alarma; "Hai un problema e deberíamos empezar a pensar que ningunha desas webs xenera ningún ingreso para nos, para a Cee e para a comarca. Estamos cavando a nosa propia tumba por catro pesos", afirmaron.   (Continuará)

Comentarios