Un novo 8 de marzo polos dereitos da Muller na Costa da Morte
A Asociación Feminista Buserana, coma sempre, lidera as actividades relacionadas cos dereitos da muller. Este sábado é 8 de marzo, Día da Muller, e xa ten unha serie de actos preparados para seguir loitando “polos nosos dereitos”.
A primeira acción será cunha concentración na Praza 8 de marzo de Cee, ás 12:00h do propio sábado. Pero tamén haberá tempo para a reflexión, pois a Cafetería Expréss de Cee acolle un Faladoiro esta mesma tade, ás 19:00h, sobre “As mulleres no Traballo, o traballo das mulleres”.
Doble acción en Malpica
Non son as únicas actividades relacionadas coa data, pois por Malpica tamén se unen á celebración cun programa de actividades inclúe charlas para os nenos sobre responsabilidade. Dúas accións, unha para o eido doméstico, e outra marchando ata África.
Por unha banda, trátase de poñer en valor o importante labor que desenvolven as amas de casa, e nese sentido está previsto un ciclo de charlas dirixido aos máis cativos para que se conciencien sobre a responsabilidade compartida no fogar. O cartel conmemorativo (achegamos imaxe) é obra dos nenos do CRA Nosa Señora do Faro. O xurado elixiuno entre todos os presentados porque “reflicte moi ben o que pensan os pequenos sobre o traballo e a importancia da muller no fogar”, subliñou a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín.
Ademais, estará aberta durante todo o mes a exposición “A muller, futuro dun continente”, organizada pola oenegué Axuda en Acción para chamar a atención sobre a situación na que vive a muller en África e sobre o papel fundamental que xoga para a supervivencia da familia. De feito, as mulleres constitúen o 70 % da poboación africana que vive na pobreza, pero son elas as que producen o 85 % dos alimentos do continente.
A interesante mostra pode visitarse todos os días no Centro Cívico de Malpica.
Novas relacionadas
- A Galería Mulleres celebra os seus 4 anos recuperando a historia nome a nome con Concha Blanco.
- 26-11-13: A Costa da Morte berrou “Nen unha máis”.
- 8 de marzo de 2013: A Costa da Morte demostrou que o feminismo non está en crise.
- 25N de 2012: A Costa da Morte celebra un 25N en contra do cómplice silencio.
- 25N de 2012: 25N sen silencio: Curtas que non calan.
- 25N de 2011: As curtas da mocidade da Costa da Morte contra a violencia de xénero.
- A mocidade muxián lanza os seus vídeos pola Igualdade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).