Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un pasodoble por Pepe da Palma

Un pasodoble por Pepe da Palma
Homenaxe a Pepe da Palma en Lires co programa Querote tanto Emotiva homenaxe a Pepe da Palma en Lires co programa Quérote tanto

Menuda srpresa levou onte o bo de Pepe da Palma. A súa historia, arrincada como un percebe polo equipo do programa “Quérote tanto”, da TVG (emitirase a partir de setembro), é parte do patrimonio musical costeiro. Pepe Abelleira e os seus tres irmáns fundaban hai 50 anos a Orquestra La Palma, da que hoxe é herdeira a Nova Palma. Unha historia que descubría case que por casualidade o produtor Pepelu Viñas que se lanzou para recuperala cunha fermosa sorpresa, que remataba no palco de Lires a golpe de pasodoble.

A homenaxe comezaba onte venres cando un operativo de Protección Civil de Carballo (protagonistas dun episodio anterior do programa) detiñan o coche de Pepe á entrada de Lires. Era unha simple excusa para María José, unha das fillas de Pepe, lle fixese unha declaración de agradecemento público aínda ca cámara oculta.

Era Lucía Pérez e que descubría a homenaxe, xa ca cámara en fronte dun Pepe que non saía do seu asombro, e que non mudaba a faciana. Ata o palco, onde tantas veces tocara Pepe, achegábase a comitiva, acompañados xa por uns 50 veciños que foron sumándose á festa. Alí esperaban os membros da Orquesta Santiago, xa ca música posta, e dando paso a que outros vellos músicos amigos e algún familiar se soltase co micro.

”Non o esquecerei nunca”, sinalaba Pepe tremendamente emocionado.

Agora, toca esperar ata setembro cando se emitan os primeiros programas deste ”Quérote tanto” e redescubrir os centos de anécdotas (accidentes, apostas, traxedias, aventuras…) que contou Pepe. Polo de pronto, imos disfrutando destas imaxes que deixou o día de onte en Lires.

Fonte

Comentarios