Sábado. 04.12.2021
El tiempo

Un regalo solidario de Nadal con Aspadex

Un regalo solidario de Nadal con Aspadex

Xa vimos que as cousas non están demasiado ben nestes tempos de crise. Así e todo, por Nadal non faltarán os regalos, pero iso si, hai moitos xeitos de mercalos. Pode ser Papa Noel, pode ser o Apalpador; pode ser en grandes superficies, pode ser no mercado ou, por exemplo, na Tenda Aspadex.

Así. a Asociación ASPADEX que leva desde o ano 1983 traballando na comarca ofrecendo distintos servizos ás persoas con discapacidade intelectual, abre o quiosco polo Nadal, como unha das medidas para fomentar a inclusión laboral.
O quiosco, situado no Hospital Virxe dáa Xunqueira e a tenda, sendo esta última o lugar onde se comercializan os produtos elaborados nos distintos talleres, teñen como obxectivo ser un escaparate das capacidades laborais das persoas con discapacidade intelectual, non só da Asociación, senón tamén doutras entidades que traballan con este colectivo.

A tenda está situada en Cee, na Rúa dá Escola, nº 24, fronte ao Polideportivo; nela pódense atopar unha gran variedade de produtos elaborados por persoas con discapacidade intelectual: encadernación, enmarcación, cerámica, liña bebe, marroquinería, bixutería...
Ademais contan cunha tenda en internet tienda.aspadex.org sendo non só un lugar onde comprar estes produtos, senón tamén un escaparate virtual do traballo realizado polas persoas con discapacidade intelectual.

Un mercado arternativo en Compostela

Aproveitamos a coxuntura para apuntarvos o novo mercado alternativo impulsado por 7 organizacións ecoloxistas e sociais amosa en Compostela como outra maneira de consumir. Baixo o lema "Para consumir sen nos consumir", os colectivos a Gentalha do Pichel ADEGA, Amarante, Equisol, a Federación Ecoloxista Galega, Panxea e Verdegaia levan o 22 de decembro á Praza do Toural ideas prácticas para un consumo máis consciente.

Un obradoiro de xoguetes feitos con materiais de refugallo, unha xornada de troco, aprender a facer xabrón ecolóxico, e información sobre a pegada ecolóxica e social que xeran os nosos hábitos de consumo. Son as actividades que propoñen 7 organizacións de Compostela nunha campaña contra o consumismo e os excesos propios do Nadal.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios