Luns. 18.11.2019
El tiempo

Unha campaña de recollida de Medicamentos para Palestina

Unha campaña de recollida de Medicamentos para Palestina
Campana por Palestina na Costa da Morte

Xa hai tempo que a Costa da Morte mantén unha relación especial con Palestina. A presencia de Mohamed Safa durante tantos anos fíxonos sentir este conflito máis cercano que moitos outros, e sempre a Costa estivo apoiando a causa. E nos tempos que corren, coa tregua recén acadada despois dun mes de ofensiva, cómpre arrimar o hombreiro.

Así, o BNG Costa da Morte incian unha campaña de recollida de Medicamentos destinada á poboación Palestiniana que estivo a sufrir o asedio do exército israelí, e que padece feridas de guerra nunha situación de emerxencia na que se necesitan medicamentos e persoal sanitario para atender aos máis de dez mil feridos provocados pola agresión do exército sionista.

A campaña, en colaboración coa asociación galaico-árabe Yenin-Comunidade Palestina e a Fundación Araguaney, pretende recoller analxésicos, antiinflamatorios, antibióticos, betadine, pomadas para queimaduras, apósitos, vendas, gasas, luvas, material de sutura, protésico, etc...; e paliar así a falta deste material nos hospitais palestinianos, tan afectados polos bombardeos sionistas.

A campaña prolongárase até o 10 de setembro.

Os puntos de recollida son:

  • Cee: local da CIG, O Son, ao lado da estrada a Fisterra en horario de 5 a 9 da tarde.
  • Corcubión: Casa do Concello.
  • Muxía: Centro de Saúde.
  • Fisterra: Local de O Peixeiro, praza da constitución, 7. Calquera día a partires das 7 da tarde, e os luns, xoves e domingos todo o día.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG Costa da Morte.

Comentarios