Unha muller de Cee foi a parar ao tellado dun alpendre tras caer dende unha fiestra
08:00 18/06/15
Os Bombeiros de Cee rescataron esta mañá a unha muller que foi a parar ao tellado dun alpendre anexo a unha vivenda tras precipitarse dende unha fiestra na Avenida de Fisterra, preto do Tanatorio. Tras a caída, a muller quedou totalmente inconsciente, segundo sinalou o particular que contactou co 112 Galicia ás 7:50 horas de hoxe. Unha vez rescatada, a ferida foi trasladada ao centro hospitalario de referencia por unha ambulancia de Urxencias Médicas. Ademais dos bombeiros e os servizos sanitarios de urxencia, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración da Garda Civil e de Protección Civil de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).