Unha viaxe ao interior dunha tableta co novo espectáculo de Talía Teatro



Aí están, Dani Trillo e Toño Casais, dúas máquinas do teatro galego, que farán que escachemos a rir co novo espectáculo teatral da compañía costeira Talía Teatro. A nova obra de corte infantil, "Xango", dirixida por Diego Rey, será estreada este domingo 6 de outubro ás 20:00h na Casa da Cultura de Vimianzo.
Unha historia que vén moi a conto nestes tempos, pois conta a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina. E non unha máquina calquera, senón unha tableta destas modernas, facendo reflexionar aos máis pequenos, pero tamén aos maiores, sobre o uso que lle damos aos novos "aparellos do demo".
Talía no Luar
E moi agradable foi ver durante todo o ano aos Toño Casais e Artur Trillo compartindo escenario con Gayoso no mesmísimo Luar. Menudo nivelazo.

Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).