Unha viaxe con Pan de Raposo polos 1000 cogumelos galegos
A librería Ler de Cee acollía onte a presentación na Costa da Morte do novo libro “500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular”. Un libro con semente costeira, pois os autores son os especialistas da Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo. Eles son Chemi Traba, Manolo Pose, e José Manuel Castro Marcote, ademais da colaboración dunha nova potencia na materia, José María Costa Lago.
Foi o colaborador de QPC Castro Marcote o encargado de presentar o libro na casa. Pero non só na bisbarra, pois leva unhas semanas por toda Galicia de presentación en presentación, e de feito, o mércores tocou en Vigo.
Segundo apuntou, o libro, malia ser a 2ª parte do "Cogomelos de Galicia", "non é para eruditos". Destacou as completas fichas de cada especie, así como as fotos, sacadas no propio lugar para deixar constancia das características da contorna.
Marcote comentou que das novas 500 especies (apenas hai un par que se repiten do primeiro libro, e en total xa fan unhas 1.000 recollidas, analizadas e retratadas pola entidade) case 400 poderíamolas atopar na Costa da Morte. Se ben sinalou que hai algunha atopadas polos faiedos de Asturies.
A charla remataba cunha interesante reflexión sobre a microrrización, e sobre o crecimento de cogumelos en eucaliptais galegos. O único problema, que ao seren talados os exemplares moi pronto, non deixan que o micelo se fortaleza.
XI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte
Marcote aproveitou para explicar o devir das Xornadas Micolóxicas da vindeira fin de semana do 5 e 6 de novembro. Explicou como se desenvolven as conferencias así como realizan a exposición, marchando o propio venres polos montes adiante.
Destacou ademais que a charla do domingo, a de Chisco sobre a natureza da bisbarra, incluirá unha sesión de vídeos.
Novas relacionadas
- Os cogumelos volven ser os protagonistas coas XI Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte.
- Unha ocasión para coñecer os cogumelos comestibles da Costa da Morte dende Coristanco.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- A Costa da Morte no centro da micoloxía de Galicia.
- Marcote presenta en casa o seu novo libro de cogumelos dunares.
- Xa está a venda a terceira edición de "Cogomelos de Galicia".
Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote
- Os donos dos cogomelos silvestres.
- Coas cousas de morrer non se xoga.
- Clauthrus Archeri, un cogomelo curioso.
- Macrolepiotas.
- Fungos insecticidas.
- Fungos e cogumelos.
- Intoxicación con cogomelos.
Máis novas
- Un paseo por Monfragüe con Francisco Santiago López.
- A Costa en verde: Como auga de outubro.
- O lobo come boletus .
Máis novas micolóxicas
- X Xornadas Micolóxicas 2010: As Xornadas Micolóxicas sementan unha tradición na Costa da Morte.
- IX Xornadas Micolóxicas 2009: Marcote: "Este ano foi a mellor exposición das nove que levamos feitas".
- VIII Micolóxicas 2008: Máis de 200 especies de cogumelos tomaron a Escola de Música de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).