Unha viaxe na lavadora de Cuqui


Sabemos que a Costa da Morte é potencia en materia de literatura infantil, como o comprobamos no último Simposio Pondaliano. E tamén o comprobamos no último Culturgal, a feira cultural máis importante e Galicia, na que houbo presencia costeira.
Aló foi Cuqui, o persoeiro creado pola ceense María Lado, que prefire as feiras que a lavadora. “Porque Cuqui non quere ir á lavadora” é o novo libro editado por Apiario Editora.
Un libro, como nos conta a propia autora, que “xorde co nacemento da Editorial Apiario”, pois o libro é o primerio que sacan da colección infantil,a así como o primeiro libro para nenos feito pola ceense. Iso si,
Cóntanos María de Mallou, que ”a historia nace dun poema meu que se chama Cuqui e que é un poema de amor no que o protagonista é o oso Cuqui, nome real do meu osiño da infancia que aínda conservo. Pero o conto é unha versión moi libre do poema. É un conto escrito para nenos pero tamén para pais e nais, para que reflexionemos sobre como os fillos veñen ao mundo e como os vemos nós, pois ás veces esquecemos que eles teñen as súas motivacións para facer certas cousas”, sinala. ”É un conto sobre o amor incondicional, sobre todo”.
E fala en clave persoa, pois o seu fillo Berio ten moito que ver coa escrita do libro. De feito, participou activamente no mesmo, estando ao carón da autora durante todo o proceso, lendo e opinando.
Unha experiencia fantástica, cóntanos María que se ben si que leva realizado ducias de actividades cos pequenos, nunca escribira un libro infantil. “Foi unha experiencia moi guai, engancha, a verdade”.

Presentacións
Espera presentalo en Cee polo Nadal, estaremos atentos. E para os que anden polas cidades do país, este venres 12 estará asinando libros ás 18:00h na Libraría Lila de Lilith de Santiago; o sábado 13 ás 12:00h na Biblioteca de Durán Loriga da Coruña; e o 27 de decembro, ás 12:00h, na Libraría Andel de Vigo. Citas nas que ademais de falar do libro tamén recita. E atentos, que cando María recita, tremen as paredes.
Novas relacionadas
- Pondal une á cova céltica da literatura da Costa da Morte.
- 7 autores demostran que a Costa da Morte é unha potencia en literatura infantil.
- Unha Semana moi literaria para os pequenos de Dumbría.
Novas literarias
- Rivadulla Corcón e Viki Berre publican un novo libro infantil de sabor muxián.
- O Nenoserpe viaxa polas pedras do Monte Pindo.
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
- Estevo Creus e a segunda balea.
- Rivadulla Corcón leva a lenda da Furna da Buserana a un libro.
- A ceense María Canosa Blanco faise pura.
- Poesia, pintura e libros achegan a cultura á mocidade de Cee a través dos concursos.
- Xosé Manuel Varela Varela: Castelao por Concha Blanco e Neira Vilas por María Canosa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).