A ceense María Canosa Blanco faise pura

10:05 14/06/11

Facía onte a Deputación de Ourense entrega dos VIII premios “Pura e Dora Vázquez” de narración e ilustración infantil e xuvenil. E foi a ceense María Canosa Blanco a galardoada co texto “O papaventos de Laura”, da escritora María Canosa Blanco.
O premio incluía a ilustración do mesmo, resultando escollida a proposta de Daniel Iglesias Padrón e con ambas conformase o libro definitivo, que se edita coincidindo coa entrega de premios.
Tanto o apartado de narración coma o de ilustración están dotados cun premio de 3.000 euros para cada un. O libro editado destínase a unha campaña de animación á lectura e distribúese entre as bibliotecas da provincia.
Novas relacionadas
- Artigo de Xosé Manuel Varela Varela: Castelao por Concha Blanco e Neira Vilas por María Canosa.
Máis novas
- Tareixa Ledo e Lidia Senra abriron o camiño da muller en Pasarela.
- Unha nova fiestra para a literatura da Costa da Morte.