xoves. 01.05.2025
El tiempo

Uns Premios Nordés con sabor a ciencia irmandiña e a trasno-rapacollón

Uns Premios Nordés con sabor a ciencia irmandiña e a trasno-rapacollón
Gala dos Premios Nordes da Cadena Ser 2017 A XVIII gala dos Premios Nordés celebrarase na Casa da Cultura de Vimianzo o venres 24 de novembro ás 21:30 horas. Unha cita que contará coa presenza dos premiados, momentos de humor, sorteos e unha especial actuación musical aínda por desvelar, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo. Se o vindeiro venres o xurado dará a coñecer o Premio Nordés, galardón especial a unha taxectoria e cun carácter máis emotivo, continúa aberta a votación para o Nordés da Audiencia que se concede por votación popular dos oíntes de Radio Nordés Cadena Ser a través do seu whatsapp (722 73 70 64) e na que QPC está nominado polos seus 10 anos. Pero ademais, a emisora xa deu a coñecer 4 dos premios. • Nordés do Deporte á Asociación deportiva e cultural Rapacollóns Big Bang. Clave nos últimos éxitos da S.D. Fisterra son un exemplo de deportividade que lograron gañarse o respecto e recoñecemento dos rivais. Impulsada por ex xogadores naceu para animar ao Fisterra e medrou converténdose nunha asociación que persegue non só metas deportivas senón tamén culturais e lúdicas. • Nordés das Ciencias ao reumatólogo ceense Francisco Blanco García. É o único científico español elixido Investigador do ano pola a Sociedade Mundial para a investigación da Artrose, coordinador na area de Enfermidades Reumáticas e Autoinmunes da Sociedade Mundial para o Estudio do Proteoma Humano. En tódalas súas conferencias remata amosando fotografías de Cee presumindo das súas orixes. • Nordés da Divulgación ao Camiño dos Faros. Miles des sendeiristas de todo o mundo visitan a Costa da Morte grazas a esta ruta. Un caso de éxito único no que unha asociación sen animo de lucro crea un produto turístico de proxección internacional totalmente consolidado en menos de 5 anos. acadará a homologación que asegure a súa conservación. • Nordés Social ao Asalto ao Castelo de Vimianzo. Unha festa para todos os públicos que une historia, patrimonio, teatro, música ou gastronomía, que superou tódalas dificultades e os boicots iniciais para facerse máis forte, mantendo a esencia e o espírito reivindicativo inicial, sen renunciar á innovación. Unha divertida lección de historia que non deixa de medrar en cada edición. Unha Gala que é posible grazas ao apoio dos patrocinadores: Productos Cárnicos Domínguez, Industrias Cerdeimar, Ferroatlántica, Feiraco, Construcións e escavacións Germán Mouzo, Imprenta e Publicidade San Cristobal e o Concello de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios