![aspadex-cee]()
Un grupo de 2o persoas participarán nas distintas actividades que se desenvolverán o sábado na praia da Concha. Imaxe: Aspadex
Usuarios e usuarias de Apem e Aspadex participan este sábado na
"I xornada de convivencia e ocio inclusivo" que se desenvolverá na praia da Concha a partir das 10:30 horas. Na xornada un grupo formado por 20 personas pertencentes a estas entidades terán a oportunidade de realizar una
gynkana elaborada por Atlantis Adventure e na que disfrutarán de diferentes probas e actividades incluidas dentro do circuito como xogos na praia, bolos, tiro á diana con bolas biodegradables, experiencias en
kayak e
quads, entre outras.
O obxectivo destas xornadas -organizadas polo concello de Cee - é a socialización e convivencia entre os diferentes colectivos así como mellorar o seu tempo de lecer con esta xornada festiva e deportiva, xa que este tipo de experiencias con actividades recreativas ao aire libre contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade.
Tras o tempo para de actividade, os participantes poderán disfrutar dunha comida de campo ofrecida por diversos establecementos ceenses, o concello e as propias asociacións e na que, nalgúns casos, os propios rapaces participaron na elaboración. Diferentes empresas de Cee forman parte desta iniciativa e colaboran na celebración da mesma.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)