Martes. 19.03.2024
El tiempo

Víctor Castiñeira e Fernando Fraga protagonistas do vídeo-documental do Ano Xubilar ceense

Victor Castineira nun fotograma do documental do Ano Xubilar da Xunqueira
Víctor Castiñeira nun fotograma do documental do Ano Xubilar da Xunqueira
Víctor Castiñeira e Fernando Fraga protagonistas do vídeo-documental do Ano Xubilar ceense

Este venres 1 de xullo a partir das 21.15 horas, a igrexa parroquial de Cee acollerá, dentro dos actos do mes de xullo do Ano Xubilar, a presentación e proxección do video-documental que recolle a historia do propio templo e o seu patrimonio histórico-artístico.

Realizado polo historiador e técnico de cultura ceense, Víctor Castiñeira, ilustre pregoeiro desta vindeira edición das Festas da Xunqueira, e o músico e mestre Fernando Fraga, o vídeo, de 26 minutos de duración, ofrece unha visión do templo da Xunqueira e a súa historia como nunca se viu antes, descubrindo, de seguro, moitos aspectos ocultos para a poboación en xeral, que chamarán a atención e poñerán en valor tanto ó edificio como ó que alberga no seu interior.

Foron 6 meses de traballo, incluíndo a investigación previa, as gravacións desde o mes de marzo ata a semana pasada, e a edición e montaxe.

O obxectivo no foi outro que o de poñer en valor o patrimonio histórico-artístico da igrexa da Xunqueira, xa que, o contrario do que se pode pensar a simple vista, garda auténticos tesouros artísticos de indubidable valor.

Novas relacionadas

Comentarios