O músico e director da Escola de Música de Cee Fernando Fraga volve cun novo vídeo da serie que está realizando en lugares emblemáticos "da Costa da Morte", interpretando distintas obras co acordeón. Desta volta toca un lugar único pola súa beleza e singularidade: a fervenza do Ézaro.
Nesta gravación a obra escollida foi o tango "Sentido Único" do bandoneonista e compositor arxentino Astor Piazzolla. Sempre é un bo momento para tocar música de Piazzolla e ademais, o pasado ano 2021 conmemorouse o centenario do seu nacemento.
Ademais, Fraga aproveita para ter unha longa conversa con Pepe do Fieiro, gran coñecedor do Olimpo Celta, que nos debulla as historias e lendas que estes lugares esconden.
Novas relacionadas
- O emotivo Meditango de A. Piazzolla no acordeón confinado de Fernando Fraga
- A aventura de música e patrimonio de Fernando Fraga leva a Vivaldi ata a Catedral do Megalitismo
- Fernando Fraga segue levando a música de acordeón por lugares míticos da Costa da Morte.
- Fernando Fraga leva os grandes do acordeón aos lugares míticos da Costa da Morte
- Presentación máxica para as Folcromías de Fernando Fraga en Corcubión
- O ceense Fernando Fraga levará o seu acordeón ao Festival Intercéltico de Lorient
- Folcromías, o primeiro disco en solitario de Fernando Fraga, xa está na rúa