Mércores. 06.11.2024
El tiempo

Visita institucional ao novo PAC de Cee

Pac de Cee
Visita da Xunta ao Hospital Virxe da Xunqueira (na imaxe) e ao PAC
Visita institucional ao novo PAC de Cee

O novo PAC de Cee leva 10 días en marcha no Centro de Saúde, e onte recibía a visita do Consellero de Sanidade, Julio García Comesaña. “Debido á situación na que nos atopamos e co fin de dar mellor resposta a unha situación extraordinaria, fíxose necesario a creación dun dobre circuíto no Servizo de Urxencias do Hospital Público de Cee e a reubicación do novo PAC no Centro de Saúde de Cee que comeza hoxe a funcionar”, explicaba.

Manter diferenciados os circuitos de entrada de atención e illamento para pacientes con patoloxía respiratoria, obrigou a facer a obra no Centro de Saúde retirando o PAC de Urxencias do Hospital. Agora o novo PAC sitúase no edificio do Centro de Saúde con entrada e circuítos alternativos, permitindo o funcionamento independente do Centro de Saúde.

O PAC conta agora cunha superficie total de 390 m2 despois do investimento de 150.000 €, entre dotación e obra. O novo PAC, que se sitúa na zona onde con anterioridade estaban localizadas as consultas de Pediatría e Xinecoloxía. As novas consultas de pediatría e xinecoloxía, que se sitúan no espazo que ocupaba a sala de xuntas do centro, supón unha superficie de 100 m2 , contarán con 4 consultas, das que 2 serán de pediatría, 1 para a matrona e 1 para a enfermeira pediátrica.

Comentarios